por play_creole

Pola súa banda os partidos independentes, en principio de centro-dereita, suman a mesma porcentaxe de votos e os mesmos concelleiros que hai catro anos. Pero agora repartidos en dúas listas, onde Nelson Santos lle gañou a partida ó seu ex xefe de filas Gonzalo Ordoñez; tres e dous concelleiros respectivamente.
Sería absurdo que o bloque de centro dereita se sumase para evitar unha nova investidura de Raúl Francés por varias razóns. A primeira é evidente, ¿Por que separarse por dúas veces se despois te vas a xuntar? A segunda débese a que responden a tres tendencias ben diferenciadas: O barrismo, a insurrección ó barrismo e unha nova alternativa que rexeita as formas destes. En terceiro lugar unha oposición BNG-PSOE sería moito máis homoxénea que un goberno formado polas tres candidaturas de centro dereita e a gobernabilidade non estaría garantizada pois tanto Nelson coma Carrera coma Gonzalo deberían estar sempre de acordo para levar adiante cada iniciativa. Veremos que pasa.
0 comentarios:
Publicar un comentario