A xestión da depuradora sae a concurso público.

Despois duns cantos meses de demora, a Xunta de Galicia acaba de anunciar un concurso público para a adxudicación da xestión da depuradora de Guillarei por catro millóns de Euros.

Esta futura concesión terá duración determinada, pois a idea inicial para administrar e xestionar a infrestructura era a de poñela baixo un consorcio formado polos catro municipios interesados (Mos, O Porriño, Tui e Salceda de Caselas); polo tanto cando os alcaldes e a Xunta se poñan dacordo na forma e no fondo de tal consorcio, procederá finiquitar á citada concesión que agora sae a concurso público.

Compre dicir que xa pasaron tres anos dende que as obras foron rematadas, tempo no que nin tan sequera se chegou acordo ningún entre as diferentes administracións, especialmente no tema da financiación e da tributación para cada concello. Agora, a opción dunha empresa concesionaria pode resultar na definitiva na práctica se os concellos e maila Xunta seguen se chegar a ningún acordo.

O Louro. Merda no cauce e nos despachos

0 comentarios: