Unha cousiña ben rara

Durante moito tempo, o alcalde do Porriño Raúl Francés tivo que convivir cunha máis que eventual moción de censura. Así foi cando gobernou o BNG en coalición có PSOE e así o está sendo tamén neste segundo mandato dos nacionalistas en solitario.

Ó mesmo tempo que ían sucedendo especulacións sobre se Raúl chegaba ó Cristo, ó Nadal, ó próximo Cristo, ou o próximo Nadal; tamén corría pola vila unha especie de rumoración acerca dunha quinta pata do sillón presidencial do nacionalista Francés.

Esa quinta pata non era outra que o mismísimo ex alcalde J. M. Barros. Unha suposta alianza entre bambalinas. O azote do ex alcalde, agora convertido nun equilibrista para manterse no poder.

Eu non sei se iso é certo ou non. Faladurías, dirán algúns. A moción non prosperou porque a dereita non se puxo dacordo (cousa rara) para volver ó poder e punto. O único certo e que Raúl debeu aprender moito do seu antecesor pulindo e mellorando á técnica de repoñedores de beirarúas e farolas. Porque do resto nada de nada, aquí seguimos (casi) igual que sempre.

0 comentarios: