Novas para unha longa travesía.


A consecución dun ramal directo para o tren de alta velocidade entre Vigo e Ourense ven sendo unha das cuestións máis controvertidas no panorama de infraestructuras estratéxicas que se nos presenta no futuro. Por unha banda temos a necesidade ou non de tal enlace directo, có cal os combois que saian da cidade olívica con destino a Ourense e Madrid non terían que "subir" previamente a Santiago. Pola outra temos a maior ou menor calidade do trazado que finalmente se dispoña, se é certo que se aposta por este corredor.

Efectivamente, os corredores de alta velocidade ferroviaria supoñen unha inversión considerable para as arcas públicas e somentes teñen sentido se con esa inversión acadamos avances técnicos e captación de demanda dabondo para compensar ese elevado custo. Ninguén cuestiona o progreso que suporía conectar Galicia coa meseta mediante un tren de alta velocidade, confortable e seguro. O que nos temos que preguntar neste punto é se compensa invertir nunha conexión directa entre Vigo e Ourense para aforrar certo tempo de viaxe tanto nos traxectos rexionais coma nos traxectos coa capital do estado, verbo dó que nos levaría pasando previamente por Santiago.

Quizais a resposta a esta interrogante surxa da evaluación dunha inversión nun novo trazado convencional alternativo ó decimonónico que discurre a carón do Río Miño e que sirva para acercar as dúas cidades en tempos competitivos coa autovía. Esta alternativa non se está a ter en conta, dentro dun contexto de inversións en materia ferroviaria que centra básicamente o esforzo nos corredores de alta velocidade.

Hai un aspecto realmente preocupante neste senso. A administración envía sinais de comportamento pouco eficientes tratando de minimizar os custos de execución das obras en troques de valorar cada alternativa en función do seu custe e da súa rendibilidade social.

Basándonos na proposta feita no seu momento polo enxeñeiro Xose Carlos Fernández Díaz, para un trazado realmente directo por Mondariz en lugar do proposto por Fomento (que parte moi ó norte da cidade de Pontevedra por Cerdedo), teríamos unha inversión estimada dun 16% maior, pero os tempos de viaxe para un rexional AVANT entre Vigo e Ourense veríase reducido de 55 minutos a 35 minutos. No caso dun AVE a Madrid a reducción sería de 3 horas 5 minutos a 2 horas 47 minutos. O impacto ambiental é similar en ambas alternativas e a captación de usuarios potencia o norte de Portugal no caso da alternativa por Mondariz.

Este incansable enxeñeiro acaba de presentar unha terceira alternativa que non somentes mellora os tempos de viaxe das outras dúas senón que tamén rebaixa o custe de execución e o impacto ambiental. Polo tanto, agora os nosos políticos non deberían deixar pasar esta oportunidade e facer unha evaluación social e financeira das tres alternativas. Resulta curioso ver coma a insistencia nos custes de construcción en lugar das prestacións que o servizo vai ofrecer á sociedade manda na toma de decisións dos nosos polítcos.

0 comentarios: