Xunta + Vigo + BNG + PSOE

Agora que o BNG e o PSOE gobernan tanto en Santiago coma en Vigo, e que ata hai ben pouco criticaban a política de infraestructuras do anterior goberno, semella que están facendo un exercicio de cómo facelo peor en menos tempo, alomenos no que respecta a cidade olívica. Vaiamos por partes.



Ampliación de Rande + A-57

O eixo Vigo-Pontevedra ten na AP-9 a arteria que canaliza todo o tráfico entre ámbalas cidades, e segundo os técnicos, a ponte de Rande está saturada, polo que propoñen ampliala con un carril por sentido. Ata ahí todo ben, pero e que ademáis riba da mesa hai outro proxecto de vía de alta capacidade denominada A-57 (Pontevedra - O Confurco), gratuita e que sería unha canle de comunicación moi importante entre a capital da provincia e o eixo Ourense - O Porriño – Portugal. Pero e que agora ven o curioso, resulta que o tramo que se vai a executar de esa obra vai ser entre Pontevedra e a AP-9 moi preto de Peinador. E dicir, ampliamos unha infraestructura e facemos outra paralela gratuita.

¿Quén vai ir pola ponte de Rande e pagar a peaxe para ir a Pontevedra entón?
¿Se a A-57 acaba no Confurco, por qué o prioritario e enlazala coa AP-9?
¿Para qué fan unha conexión coa AP-9 si non liberan de peaxe o treito Puxeiros-Porriño?


Autovía Porriño-Vigo

167 millons de euros tirados pola borda, para facer unha nova infraestructura namentres a AP-9 procedente de Portugal ata Puxeiros seguirá baleira, iso si, terá conexion directa coa A-57 mentres a A-52 terá que agardar. Así seguiremos sobreexplotando a revirada A-55 para todos aqueles que veñan da A-52 cara a Pontevedra e viceversa,en lugar de facer prioritaria a conexión no Confurco, así se amañan os problemas de conxestión, si señor!

En Vigo hai moito votiño! Coma sempre o de sempre!

0 comentarios: