Agora resulta que os mesmos políticos que permitiron a construcción dunha autopista alternativa á autovía Vigo-Porriño, baixo o réxime de explotación privada, queren que se lle quite esa concesión á empresa beneficiaria. Estou dacordo no feito de que a solución máis eficiente para desconxestionar a desastrosa autovía, non é outra que a supresión da peaxe na AP-9. ¿Porque? Esta enlaza con Puxeiros e permite distribui-lo tráfico entre Baiona, Castrelos e Teis. Namentres, a nova autovía que nos queren facer vai ó mesmo sitio que a vella (Avenida Madrid) e non enlaza con Puxeiros.
Pero non esquezamos que a peaxe a permitiu no seu momento Feixoo, daquela conselleiro de política territorial, e que se este tramo estivese nun principio liberado xa non teríamos estas dores de cabeza. Sobre a negativa dos grupos do actual goberno na Xunta a que se leve a cabo esta iniciativa, esta debería ser explicada públicamente. Pero non nos enganemos, aquí todos xogan o papel político de desestabilizar ou ignorar ó contrario. E os que perden polo camiño sempre son os mesmos.

0 comentarios:
Publicar un comentario