
Encargouse de facer e desfacer á súa vontade, chegando a favorecer incluso situacións lonxe da lei, e a quen ousara denunciar a irregularidade, automaticamente el ou incluso a súa familia converteríase en vítima do seu poder fáctico neste concello. Esta situación privilexiada de mandar sen dar a cara debe provocar unha sensación de certa impunidade, claro está que as responsabilidades que puideran derivarse pagaríaas a inxenua alcaldesa, que era a que as permitía e firmaba, e que nunca puxo peros ós caprichos de este personaxe.
Ademais do concello tamén tiveron protagonismo no propio partido conseguindo que os socialistas de sempre de Mos, xa non estean na sede, senón nos seus traballos ou nas súas casas.
Outro dos principais prexudicados de estas andainas foi Gerardo Alonso, o que ningunearon e enganaron en non poucas ocasións. E de aqueles polvos estes lamazais… un concelleiro que acabou pasándose á oposición farto do paripé, do engano e dos contos de estes dous.
Agora Chus vai facendo mitins polas parroquias, non sei se pedíndolle ó santo de turno unha milagre ou pregoando a apocalipse e xurando en arameo contra o díscolo concelleiro. Tamén irá dicindo que el foi o que está enganando ós votantes de Mos, que pediron un goberno progresista. Pero a primeira en enganar ós votantes foi precisamente ela, deixando o timón dun concello en alguén que nin sequera ía na lista e polo tanto non obtivo ningún voto.
O caso e que, coma ben di outro refrán, o tempo pon a cada un no seu lugar, e probablemente a partires deste venres só mandaredes nas vosas casas, como debe ser.
0 comentarios:
Publicar un comentario