Expedientes X e tal

29dic

Temos un virus metido entre os nosos cartos. Chámase deputacións. Nada máis que serven para dar emprego aqueles "políticos amigos" hasta que poidan estar en condicións de volver asaltar o poder municipal. Bueno, tamén sirven para manexar un inxente presuposto público de gastos e inversións pola provincia adiante, pero sen sanción directa dos electores e sen responsabilidade recaudadora ante estes. Pensade en Louzán. ¿Que eleccións gañou este para ter semellante cargo político e durante tanto tempo? Ningunha, porque as deputacións son coma eses pisos escondidos das películas, entre o primeiro e o segundo, ó que só se accede por ascensor e cun código secreto.

¡Quen lle mandaría ó PP meterse en fregados de pactos antitransfugismo! Do contrario todo sería máis doado. Aforraríanos o paripé dos expedientes disciplinarios e certas ausencias forzadas en determinadas festas sen sentido. ¿Que carallo se festexa en medio dunha lexislatura? A clase política está cada vez máis degradada. Poder, poder e poder. Sillón, sillón e sillón. Tanto Xan coma Perillán.

0 comentarios: