Políticos, que non xestores

Así está montado o tema. A fin de contas os cargos políticos, a pesar de ser os toman as decisións sobre a xestión dos recursos públicos e no que se van a empregar, non actúan como xestores. O que fan é adoptar decisións segundo crean que van a ser beneficiosas no que a rédito electoral se refire. E isto o fan aproveitándose da fragmentación xeográfica do electorado, así fanse máis obras das necesarias á carón dunha grande bolsa de votantes en prexuizo dos núcleos máis pequenos.

Sen embargo, as veces este déficit de infraestructuras nos municipios pequenos supón un agravio que vai máis alá do ámbito local. Sería moito máis eficiente gasta-los cartos eliminando a peaxe no tramo da AP-9 en troques de levar a cabo a construcción doutra autovía e dedicar os cartos aforrados en arranxar outras necesidades esparcidas por ahí adiante. Pero obras son amores, e a xente sempre pica neste senso. Por iso queren facer a nova autovía e vendela como un adianto para penetrar na cidade olívica.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

bos días.

O día 28 vaise votar no Parlamento de Galiza unha proposición non de lei do PP. Se o Bloque Nacionalista Galego apoia esa proposición, aínda estaremos a tempo de facer algo. Botadelle unha ollada e pensar se é razonable o que piden.

Isto é o texto das iniciativas presentadas no Parlamento de Galiza (Proposicións non de lei ) polo Grupo parlamentario Popular, Comisión de Obras Públicas e Transportes.

TEXTO Nº 1


PNL sobre o Proxecto da Autovia Vigo-Porriño (AV-80) o seu paso polo concello de Mos


Á Mesa do Parlamento

Alejandro Gómez Alonso, Ignacio Lopez Chaves e Pilar Rojo Noguera, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en pleno.
Exposición de motivos

O 17 de xaneiro do ano 2007, a Secretaria General para la Prevención de la Contaminación y el Cambio Climático, aprobou a Resolución pola que se formulou a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto “Variante de trazado tramo: Porriño-Vigo, (Pontevedra).

A noticia de este anuncio, como consecuencia do proxecto do Ministerio de Fomento de construir unha nova autovia entre O Porriño e Vigo, esta a xerar un gran malestar e preocupación nos veciños do concello pontevedres de Mos, xa que coa construcción deste novo vial mais do 28% do concello quedaría vencellado as infraestructuras existentes e futuras.

Ademáis os afectados consideran que o proxecto da variante da futura autovia AV-80, non solucionara os problemas de trafico do concello de Mos, nin da area metropolitana de Vigo, entre outras polas seguintes razóns:


* Por que non enlaza coas infraestructuras existentes, AP-9, AG-57, 2º cinturon de Vigo, Aeroporto , etc..


Ø E por que o trazado proxectado mediante tunel, non ten conexión cos diferentes poligonos existentes e proxectados na area metropolitana de Vigo, nin co Porto,nin coa Zona Franca, polo que non resolve o problema do trafico pesado.

A isto hai que engadirlle que tanto os concellos de Mos como Porriño, teñen aprobados por unanimidade nos seus respectivos plenos, o rexeitamento a construcción da nova autovia, así como a gratuidade da AP-9 no treito de Puxeiros-Porriño.

Por este motivo presentase a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno.

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que solicite do Ministerio de Fomento as seguintes actuacións:

1.-. Anulación do Estudio Informativo da “Variante de trazado” treito Porriño-Vigo.

2.-A construcción de interconexións entre a A-52, AP-9, A-55 e a futura A-57 (Pontevedra-Confurco).

3.-Ea supresión da peaxe do treito Vigo-Porriño da AP-9.




TEXTO Nº2
PNL ante a Comisión sobre a Variante Autovía A-52

Á Mesa do Parlamento

Alejandro Gómez Alonso, Ignacio Lopez Chaves e Pilar Rojo Noguera, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.


Exposición de Motivos

O concello de Mos con unha superficie de 53 km2, que se atopa na area metropolitana de Vigo, soporta na actualidade todalas infraestructuras que enlazan a meseta con Portugal e Vigo, o que orixina que máis de un 20% do solo non sexa edificable entre as expropiacións, as servidumes eo dominio según a lexislación actual.

O novo proxecto da variante da Autovía, para darlle continuidade á A-52- Eixo Atlántico de Alta Velocidade-acceso Sur O Porriño-Vigo e corredores da A-57, etc, implican unha maior afectacion de ese solo non edificable.

Co novo proxecto da variante, máis da cuarta parte do concello quedaría vinculado as infarestructuras.

Ademáis o novo proxecto non enlaza coas infraestructuras existentes, AP-9, AG-57, 2º cinturon de Vigo. O Trazado proxectado non ten conexión cos diferentes polígonos industriais existentes e futuros, nin da servizo ao porto nin a zona franca, en definitiva non resolve os problemas existentes.

Por este motivo presentase a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión.

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que solicite do Ministerio de Fomento a paralizacion do proceso de elaboración do proxecto constructivo da A-52-Porriño-Vigo e atender as alegacións do concello de Mos.


Que saibades que chegaron cartas de Fomento a centos de habitantes de Mos.

Empeza xa o Rodillo da Brigada Político-Social. Un exemplo: unha casa de 4 membros: un deles non está empadronado en Mos, aínda así lle mandan unha carta, pero sen dirección: só poñía "Piñeiro-Mos". ¿De dónde sacaron eses nomes?

Non falaron cos nosos representantes e xa están empezando a facer o que lles da a gana.

Vivimos nun estado para o dereito de algúns, non nun estado de Dereito.

E o peor é que o Goberno da Xunta é complice, e coautor desta bestialidade. Que nos veñan a dicir agora que hai que defender o territorio.

Que falen agora de bancos de terras, e de medio ambiente, de escolas de música, de bienestar.... Eiquí é onde hai que pelexar e defender, a pé de municipio...

Infraestructuras cando son necesarias, pero non por decreto, e deixando a un concello ao borde do precipicio.

Uns fan, e outros deixan facer. Iso é o Goberno de Galicia. Os administrados, calados sen rechistar.




FARO DE VIGO. DOMINGO.

Reguera cree que la A-57 a O Confurco será innecesaria con el ramal a Peinador

Comarcas
ANTONIO PINACHO / SOUTOMAIOR El alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, confiesa sentirse "sorprendido" con la propuesta del Ministerio de Fomento para conectar la futura autovía A-57 (Pontevedra-O Confurco) con la red arterial de Vigo, al tratarse de un ramal "excesivamente largo" y afectaría negativamente al municipio puesto que "se vería atravesado por dos autovías paralelas" a una distancia de unos cinco kilómetros.
El ramal de conexión de la
A-57 que plantea Fomento como alternativa al puente de Rande se trata en realidad una nueva autovía de 23 kilómetros de longitud que parte de Vilaboa, cruza Soutomaior y Redondela, y pasa por un túnel bajo las pistas del aeropuerto de Peinador para enlazar en Puxeiros con la AP-9. Esta obra, con un presupuesto de 233 millones de euros, obligará a expropiar más de 1,7 millones de metros cuadrados y un total de 114 edificaciones (entre viviendas, naves, galpones y otro tipo de inmuebles), según la memoria del estudio informativo.
Reguera cree que "no es lógico" que el ramal de conexión con Vigo tenga casi la misma longitud que la autovía de Vilaboa a O Confurco (unos 30 kilómetros) y advierte que el trazado a la ciudad olívica hará que la A-57 sea "innecesaria". "Al partir los dos viales desde Vilaboa estamos hablando de dos autovías paralelas con un elevado coste económico. Creo que sobra una de las dos, y si lo que se trata es de buscar una alternativa al puente de Rande, queda claro que la A-57 hasta O Confurco carece de sentido", explica.
Respecto a la incidencia en el municipio del ramal presentado esta semana por Fomento, el regidor local indica que afectará de forma importante a la zona residencial de Alján de Arriba y O Viso, y además advierte del fuerte impacto visual que causará en el entorno del río Verdugo, que lo atravesará con un viaducto de 280 metros, y en la falda del monte de A Peneda. "En los próximos días estudiaremos el trazado en profundidad con los técnicos municipales y ver los pros y los contras del vial para tomar una decisión", indica.
En este sentido, Reguera considera que la autovía también tendrá consecuencias positivas para el municipio, puesto que mejorará las comunicaciones con Vigo y Pontevedra, y aliviará el tráfico de la N-550 a su paso por Arcade. "Nadie discute la necesidad de una autovía, pero aquí plantean dos a escasa distancia, lo que causará el doble de afecciones en el municipio. En mi opinión, sobra una de las dos", concluye.