O PSOE do Porriño celebra a supresión do paso a nivel


Iván Vaqueiro, Primeiro Tenente Alcalde de Porriño e Candidato Socialista á Alcaldía, valorou hoxe xunto coa concelleira socialista Maria Josefa Sío e o Secretario Xeral do PSdeG do Porriño, Fernando Rodríguez o anuncio do Ministerio de Fomento do Estudio Informativo do Eixo Atlántico que elimina o paso a nivel do Porriño como un paso histórico para O Porriño. A “Variante Ferroviaria do Porriño”, recollida no estudio informativo de é un paso definitivo cara a eliminación o actual trazado ferroviario de Porriño, que pasará elevada á altura da autovía Porriño Tui, e según Vaqueiro, é froito de 5 reunións que o PSOE de Porriño mantivo con representantes do Ministerio de Fomento para trasladarlles a importancia que a eliminación do paso a nivel tiña para Porriño. Froito destas reunións, explicou Vaqueiro, xurdiu o anteproxecto de eliminación do paso a nivel.
Así, dende onte xoves 22 de Febreiro, data da publicación no BOE do estudio informativo de Fomento, abrese o plazo de alegacións dun mes para que os concellos de Vigo, Mos e Porriño, presenten as súas valoracións ó Ministerio de Fomento.


O Tenente Alcalde e candidato socialista explicou que o proxecto de Variante Ferroviaria recolle o mellor plantexamento para Porriño, na medida en que as expropiacións son mínimas dado que o trazado transcurre na zona de afectación da Autovía, e abre a posibilidade de efectuar outras obras importantes para Porriño. Vaqueiro aproveitou para agradecer a UXT á súa axuda nas propostas sobre o trazado elevado, e ó anterior portavoz municipal do PSOE de Porriño, Celso Fernández, que no ano 2002 presentou a moción no que se recollía o plantexamento que o PSOE lle realizou a Fomento. Tamén agradeceu a Antón Louro, o diputado socialista de Pontevedra as súas xestións ante fomento coas propostas do PSOE de Porriño. Pola súa parte, Fernando Rodríguez, secretario xeral do PSOE do Porriño, informou que o PSOE presentará unha moción no pleno do vindeiro luns 26 de Febreiro para pedir a convocatoria urxente da comisión informativa de urbanismo, vías e obras do Concello do Porriño para informar ós grupos da Corporación e convocar un pleno extraordinario urxente para que o Concello faga as alegacións pertinentes. Rodríguez afirmou que espera que os grupos fagan aportacións constructivas.


Tamén Rodríguez se referiu a aqueles que dubidaban das palabras do PSOE. Segundo Rodríguez, “algúns teñen que explicar por qué durante dous anos se dedicaron a poñer pedras no camiño destas xestións e non facer o que tiñan que facer, que é sumarse a estas xestións. Dende logo, o estudio informativa desmonta o oportunismo e as prácticas de alarminsmo que algúns usaron contra o PSOE. A eliminación do paso a nivel é un feito firme, e consensuada con Asociacións de veciños, empresariais e comerciais do Porriño e todos nos apoiaron. Dende logo é un día histórico para Porriño.

0 comentarios: