Ante a parálise... LSD para todos!

Non levamos nin un mes do novo goberno e xa nos rescatou da ‘parálise’ a golpe de, cando menos  achegamentos a ilegalidade, roturas de consenso e propostas sen o menor dos sentidiños, todo isto aderezado con un frenesí de notas de prensa que contan co mesmo tratamento que as do tamén goberno a golpe de moción de Mos. Quizais uns curiosos lazos entre os novos servizos de prensa de ambos consistorios con un coñecido periódico que presume de vigués (ubicado en Chapela) teñan algo que ver.

Polo de pronto comezando polo deterioro e trabas a vida democrática do concello que xa referenciei no anterior artigo, coa modificación dos horarios e frecuencias dos plenos e comisións informativas sen falalo con ninguén alleo o triunvirato diestro. Logo tamén afirmaron que non habería cargos de confianza, pero supostamente xa hai rumores de canto podería cobrar o cuñado do alcalde polos seus servicios dende un despacho no propio consistorio.

Por outra banda esa esaxerada vontade de querer facer cousas (supoñemos que para vender a galería coa flamante oficina de prensa), primeiro foi o derrubamento do tellado da famosa casa das Ferrovellas, núcleo de venta de droga no barrio de San Sebastián, sen a mais mínima garantía legal e sen a consulta previa os técnicos municipais, o cal pode ter consecuencias serias contra unha entidade que ocupan e representan a tódolos habitantes do Porriño. Por suposto que estamos de acordo en que hai que tomar medidas contra este problema, pero ademais de non ser a solución pois o que fai e únicamente desplazar o problema,a todas luces implicar unha actuación ao marxe da lei, un tema moi serio.

Tamén o tren é o obxectivo destas chapuzadas improvisadas e sen consenso, tras a perceptiva nota e foto na prensa con técnicos de ADIF, segundo o periódico que visitásemos, tíñamos ou ben que Nelson xa fixo o proxecto e mañá xa case comezaban as palas a obrar, ou ben que o goberno reuniuse con técnicos para comentarlles o que xa saben, é ademais rompendo o acordo adoptado no pleno de consensuar as peticións a ADIF, co cal ademais de non conseguir nada novo, implicitamente transladou unha imaxe de desunión da vida politica, representantes dos cidadáns que teñen moita maior unidade neste tema.
Ademais da proposta de pasos subterraneos na rúa Peña, de non mentar sequera o paso sen sinalización a altura do Xogo da Ola… propuxo termos a nosa peculiar versión do muro de Berlín, pechando completamente o paso a nivel, deixando así únicamente dúas vías de comunicación (unha delas sen sinalización horizontal, sen beiravias nin un asfaltado mínimamente axeitado) entre Porriño e Torneiros, onde residen máis da metade da poboación do Porriño. Unha burrada sen precedentes vaia.

Outra das actuacións en canto a infraestructuras e seguridade, foi respostar ante a saída de vía dun vehiculo esta semana contra o muro do Colexio Hnos. Quiroga con unhas bandas na subida cara a Risca e enlace da A-52, que non cumpren o mais mínimo dos requisitos legais e que penalizan ata o conductor que transita a 10km/h posto que o seu perfil e esaxeradamente agresivo. Tamén e curioso que estén ubicadas na subida onde as velocidades son inferiores e non teñan sentido onde están ubicadas. Compre mellorar a seguridade na entorna dos colexios nos horarios de entrada e saida, claro que si, pero non podemos ralentizar mais o tráfico e provocar un desgaste nos elementos de suspension e amortiguación de tódolos coches que por ali pasan. Hai un mecanismo bastante bo, chamado 'radar', e que soe empregalo a Policia Local do Porriño en tramos sen maior perigosidade para recadar uns cartiños, en troques de empregalo con toda a severidade naquelas zonas susceptibles de revestir un claro perigo para as vidas humanas. Que paguen e castiguen, os que incumplen, non os que nos desplazamos con sentidiño para facer a nosa vida diaria, e que non temos moitas alternativas para movernos nesta vila.

Vou ollar a prensa, a ver se a concelleria de seguridade ten algunha proposta xa en marcha contra o Xynthia.

0 comentarios: