¿Comezou a batalla das municipais?

Os escarceos previos ás vindeiras eleccións municipais comezan a agromar no Porriño. Se fai un par de semanas, a guerra interna aberta entre Manuel Carrera e o ex-alcalde Barros tiña a súa plasmación mediática, outras batallas parecen dar comezo de xeito máis soterrado.


A elaboración das listas en partidos como o PSOE ou o BNG, que mediáticamente inda parece non estar enriba da mesa, ou a incógnita dos partidos independentes, non obstan os movementos que internamente os posibles candidatos van dando para posicionarse de cara ás vindeiras eleccións.


No caso do BNG, a volta do ex-parlamentario e ex-concelleiro, Xose Paz Antón ó ruedo municipal, onde acaba de recuperar o seu posto como mano dereita de Raúl Francés e responsable local do BNG, tivo tamén a súa impronta para os observadores, nunha posible volta á candidatura nacionalista local, inda que nun posto de momento, descoñecido.


A guerra aberta no seo do BNG autonómico entre a UPG e Máis BNG, podería abrir unha liña de confrontación na elaboración das listas municipais de cara a un escenario onde o actual alcalde, opte por retirarse, ou de non ser así, por deixar un número 2 que puidese asumir, de ser o caso, o liderado interno no BNG, posto ó que o actual voceiro nacionalista, Pedro Pereira, máis cercano ás teses da UPG, podería optar.


Agora ben, podería darse unha batalla entre Paz Antón e Pedro Pereira polo liderado interno no BNG? Algunhas fontes afirman que o Voceiro nacionalista, optará á candidatura, non sabemos, se iso se producirá independentemente a que Raúl Francés aspire á reelección ou de darse o caso da súa retirada.


Polo que atinxe ás candidaturas independentes, parece descartada a presentación novamente de Gonzalo Ordóñez como número un de IdeP, forza que viu restado boa parte do seu apoio en 2007, deixando a esta forza con dous concelleiros que negocian a súa integración co PP, que non acaba de fraguarse, polo que non se pode descartar completamente a súa candidatura.


No caso dos socialistas, parece que ese debate inda non está aberto. Á reelección de Iván Vaqueiro como Sº Xeral dos socialistas porriñeses fai un ano, non supón necesariamente que opte á presidir a candidatura dos socialistas no 2011. A renovación levada a cabo por Vaqueiro, fai posibel a aparición de novos liderazgos internos que poidan facerse cargo da candidatura e da elaboración das listas, inda que polo momento, non parece que se teñan producido movementos para dar ese paso.


Por último, queda o caso de CxP. Descartada a moción de censura da dereita, e á vista do plano electoral porriñés, parece que CxP pode volver a intentar o asalto á alcaldía, desta volta, algo máis debilitados pola guerra interna que mantén a dereita local, pero coa incógnita do valor electoral que no 2011 pode ter o seu lider, Nelson Santos.


Así pois, probablemente a principios do ano que ven, comezaremos a ver a cristalización das candidaturas para as eleccións municipais que dada a fragmentación existente no Porriño, se amosan totalmente abertas e apaixonantes.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Me parece una falta de respeto total hacia PRESTAMO quién alcanzó unos resultados modestos pero que han podido dejarlo a un paso de un primer concejal. Sería bueno tenerlo en el panorama político tan aburrido y de despacho en Porriño.