Tarde si, mal e arrastro esperemos que non.

O recén estreado goberno da Xunta parece que lle vai a dar un impulso definitivo á creación do tan manido ente administrativo do área metropolitana de Vigo, administración que precisa dunha lei de carácter autonómico para poder ter sustento normativo.

Sen embargo Vigo é, de facto, un área metropolitana en potencia, pero somentes en potencia. A cidade olívica, de trescentos mil habitantes, encabeza unha conurbación que vai ó norte coa capital provincial e coa península do Morrazo. Ademáis nó sur aséntase o cinturón industrial e o nó de comunicacións terrestre máis sinificativo da provincia. Isto último sabémolo moi ben na Louriña.

Dicía somentes un área metropolitana en potencia, e que nin tan sequera somos capaces de poñernos dacordo entre catro municipios para por en funcionamento unha depuradora que leva dous anos construida e que xa foi pagada pola UE. Ou porque o concello de Vigo segue a mostrar as súas reticencias (logo do desplante do seu rexedor) para cofinanciar con Cangas e Moaña a rebaixa dos billetes do transporte de ría.

E que o dun área metropolitana vai precisamente diso, de promover e xestionar infraestructuras e servizos en común, pero habida conta da torpeza que se promulga neste senso por estes lares, non sei se un ente administrativo máis a engadir ás anacrónicas deputacións vai a ser un arranxo ou un novo atranco para que os políticos sigan pelexando e os cidadáns pagando as liortas.

0 comentarios: