Unha campaña de moi baixo perfil

Semella que os partidos políticos non acaban de ter clara a finalidade dunha comunidade autónoma. Míranse máis soltos nas eleccións xerais ou nas municipais. Se acudes a un mitin hoxe, o normal é que caigan numerosos argumentarios de índole local a través do alcalde ou do edil de turno, e de tipo estatal feitos polo deputado correspondente. Pero de ideas transformadoras para Galicia nada de nada.

Us falan do mal que estamos coa crise. Outros do ben que estaremos con puñetero AVE. E aqueles de que necesitamos máis competencias. Eu digo, coa cantidade de cousas que hai que arranxar neste país por exemplo en materia administrativa (falo das deputacións e do caziquismo,electoral ou non) ou en materia económica no tocante a diversificación industrial e a innovación tecnolóxica. Existen moitos aspectos que para un concello e para un estado andan demasiado lonxe, por incapacidade de recursos ou alonxamento dos problemas. Ahí é onde entran as comunidades autónomas, porque para sentirnos orgullosos da nosa terra e ondear a nosa bandeira non necesitamos máis políticos.

0 comentarios: