Non é preciso que sexa hoxe, nen mañá, pero de non ter que esperar ás próximas eleccións quedaríamos satisfeitos. E de paso poderíase incluir, señor Blanco, a liña Vigo-Ourense, esa que é a única electrificada de toda Galicia e que tamén é a única que non ten un tren de proximidade a conservar.
Nunca existiu tal servizo por estes lares (ou si, pero xa non nos acordamos), a pesares de ser unha das zonas máis densas de Galicia, cinturón da chamada area metropolitana de Vigo e de destacable puxanza industrial.
Polo tanto solicito o señor ministro que inclúa a Vigo-Ourense nesa operación tan rariña, na que se intenta transferir a competencia dunha rede ferroviaria dende o estado a unha comunidade autónoma debido a que RENFE (empresa de propiedade estatal) non lle peta ofertar cercanías na nosa querida terra. Cousas da política, ou dos políticos.